Malandrómeda

Nada de nomes de bandas locais que ninguén lembra, nin os anos que levan…todo o mundo ten unha formación.

Tampouco comentar outros proxectos paralelos coma Fluzo, Juanito Broders, ou anteriores coma Nonresidentz…hai xente moito máis productiva. Nin tan sequera imos profundizar nos 3 traballos que levan editados, “Os estranos sempre traen malas novas”, “Chegan tarde EP” e “7”… porque todo o mundo ten unha evolución.

Centrémonos no que esta a facer Malandrómeda hoxe, na nova música, este maxi previo ó novo disco no que están a traballar. Máis simple, máis porco, pra xente que quere remexe-lo corpo, menearlle a mente, e non queren distinguir entre o ben mailo mal. Outra volta máis na rosca destes dous comedores de churrasco. Cheira a rocanrol, pero ó rock que aprenderon do Black Elvis. Rapeos atléticos, arriba e abaixo, dominio métrico , fondo no léxico e que carallo, nas letras estanche de millor humor ca nunca.

Os directos son enerxéticos, divertidos e cunha porta aberta ó espacio exterior e máis á experimentación. Dalle graves e o delay que sobre.

Cada bolo é unha Festa Malandrómica, rap do que se baila.

A xente pregunta, como é que 2 fan tanto barullo?? Son Caldeirada e Hevi.

Advertisements